Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ducias de bañistas desafian o frio e cumpren co primeiro baño do ano en Riazor

Ducias de bañistas desafian o frio e cumpren co primeiro baño do ano en Riazor

A temperatura da auga a duras penas chegaba aos 13 graos, pero a exterior aínda era máis baixa

G24.gal 01/01/2026 14:37

Unha tradición non escrita de cada 1 de xaneiro que ten como escenario as augas de Riazor na Coruña é o primeiro baño do ano. O frío non amedrentou aos ousados bañistas que lle deron a benvida ao 2026 activándose no Atlántico. 

Nun mesmo marco: a praia de Riazor: dúas escenas que recollen senllas maneiras ben distintas de darlle a benvida ao 2026: uns alargando a festa nas discotecas próximas ao areal e outros activando o corpo co primeiro baño do ano. Costumes que se converten en tradición, como un grupo de corredores afeccionados que desde hai uns anos se reúnen cada 1 de xaneiro para correr e rematar con un baño relaxante na praia.

O termómetro marcaba 8 graos ás 10 da mañá na Coruña e a auga so alcanzaba os 13. Pero non supuxo impedimento para os ousados bañistas que ademais sacoden o frío con sentido do humor.

Esquecen o frío en pro dos beneficios terapéuticos desta práctica. Aseguran que beneficia o sistema respiratorio, circulatorio e inmunitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade