Cargando resultados...
Peregrinos e turistas enchen as rúas de Compostela
Peregrinos e turistas enchen as rúas de Compostela
Había ringleiras de xente tanto na entrada pola Porta Santa como por Platerías
G24.gal
15/04/2022 15:59
Ao redor da catedral concentrábanse esta mañá os turistas e os peregrinos en Santiago. Había ringleiras de xente tanto na entrada pola Porta Santa como por Platerías. Sen moita espera.
Pola Porta Santa cruzaban onte seis mil persoas e hoxe a previsión é superar esa cifra. Turistas nacionais a gran maioría.
Andaluces, madrileños ou doutras zonas todos buscan unha semana santa diferente. Unha parte chega a Santiago este días polo camiño e outra inclúe a cidade dentro dun percorrido por Galicia. Os guías turísticos confirman a recuperación do sector.