Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha lea multitudinaria no centro de Ourense deixou os veciños do centro sen durmir

Unha lea multitudinaria no centro de Ourense deixou os veciños do centro sen durmir

Todo comezou sendo unha rifa entre dúas persoas 

Os veciños alertaron a policía, que non tivo que actuar porque antes de que chegasen ao lugar xa se dispersaran

G24.gal 18/01/2022 14:13

En Ourense os veciños dunha céntrica rúa, Doutor Fleming, non puideron pegar ollo esta fin de semana. O motivo, unha pelexa multitudinaria.

Todo comezou sendo unha rifa entre dúas persoas, pero a situación pouco a pouco comezou a complicarse ata que na lea se viron implicadas xa demasiadas persoas.

Os veciños pasaron momentos de tensión en que comezaban a voar todo tipo de obxectos e tamén botellas.

Alertaron a policía que non tivo que actuar porque antes de que chegasen ao lugar xa se dispersaran. Aseguran os veciños que non é a primeira vez que pasan cousas coma esta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade