Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechada ao baño a praia de Bouzas, en Vigo

Pechada ao baño a praia de Bouzas, en Vigo

A presenza de coliformes excede os límites estipulados por sanidade

G24.gal 15/06/2023 13:27

Preto de mil trescentas coliforme por cada 100 mililitros é o resultado das últimas mostaxes de auga nesta concorrida praia, supera o límite máximo recomendable para se bañar que está en 800. Por iso desde o domingo o areal está pechado ao baño. É unha pequena praia urbana con moito uso e augas pouco movidas.

A ollo apreciamos outro tipo de verteduras de corte industrial, pero os habituais desta zona e das próximas ao paseo dos peixes si que viron verteduras de refugallo ao mar.

A situación pillou algúns bañistas por sorpresa.

O máis chocante para eles foi a concesión da bandeira azul este ano, malia algunhas deficiencias e obras como as que se están a facer na próxima estación de bombeo da rede de saneamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade