Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pecha Galiforest, a feira dos profesionais do monte

Pecha Galiforest, a feira dos profesionais do monte

Rexistrou máis de 7.000 visitas

Os profesionais coñecen as innovacións en maquinaria

Pecha unha nova edición da feira Galiforest Pecha unha nova edición da feira Galiforest
G24.gal 02/07/2022 22:01 Última actualización 02/07/2022 23:11

Galiforest, a feira do sector forestal de Galicia rematou esta tarde, despois de tres días en que se bateu unha nova marca de visitas, máis de 7.000, e de expositores.  Os profesionais do monte e da madeira coñeceron as últimas tecnoloxías en maquinaria. 

Galicia produce a metade da madeira de toda España e temos 25.000 postos de traballo vinculados ao sector, que está en crecemento.

Cun 75 % do terreo do país a monte esta exposición, de 14.000 metros no Centro de Formación de Sergude, en Boqueixón, é unha pequena mostra do futuro forestal,  na que se concentra a maquinaria máis novidosa que nos próximos meses estará  no monte. Así o recoñecía Ricardo José Durán Rodríguez, Director Xeral da Semana Verde de Galicia.

"Digamos que aquí veñen profesionais de todas as partes de España e Portugal para informarse de que é o que ofrece o mercado. Poder ver nas demostracións como funciona cada máquina e poder escoller con coñecemento de causa directo".

Demostracións coma esta, dunha fresadora que deixa o terreo listo para a sementeira, como amosaba Juan Díaz, de Agroforestal Rouco.

"Vai ser moi importante o seu traballo porque é unha maneira de profundar para pasar terreos forestais a incluso terreos agrícolas, e que nunha pasada consigamos desbrozar o que hai no monte e consigamos facer pasto ou terreo agrícola".

Mentres, o traballo a machado queda para a competición, nun deporte no que falta aínda campións galegos.

"Traemos o Sthil Timbersports que é un deporte a nivel internacional, onde se compite e como estades a ver temos varias probas de cortes en vertical, en horizontal e vertical en altura. É un deporte que a nivel internacional é moi coñecido", di Javier, da empresa Stihl.

Despois de catro anos sen feira, a organización xa ten a vista posta na próxima edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos