Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paula Prado denuncia un ataque do nacionalista Rogelio Santos nas redes sociais

Paula Prado denuncia un ataque do nacionalista Rogelio Santos nas redes sociais

Santos Queiruga reaccionou con exabruptos a través da súa conta de X a unha mensaxe previa de Prado

Prado insta o BNG a "prescindir para sempre deste divulgador de odio e violencia", á vez que lembra que foi o número catro da candidatura dos nacionalistas ás eleccións europeas

G24.gal 26/10/2025 13:24

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, denunciou este domingo un ataque en redes sociais por parte de Rogelio Santos Queiruga, número catro na lista do BNG nas eleccións europeas de 2024, no que este chega a dicir que lle fai falta unha bomba -mediante unha emoticona- na súa zona íntima.

Santos Queiruga, mariñeiro e divulgador, reaccionou con exabruptos a través da súa conta de X, na que ten máis de 21.500 seguidores, a unha mensaxe previa de Prado. 

Ela bloqueoume a min por dicirlle que estivo imputada.
Non, ela pode dicir o que queira, e eu podo dicir que me dá noxo o que di.
E direiche máis, xa que se pode falar coma ela: moitas señoras deste país diríanlle a Paula Prado que ela si que ten falta dunha 💣 na cona. Sabes…

 

 

Na súa publicación, a secretaria xeral dos populares galegos preguntábase "para que se reuniron o BNG e os herdeiros de ETA no País Vasco" e ela mesma respondía que "para traer á kale borroka a Galicia", texto que completou cos emoticonos da bomba e a explosión. Por mor dese texto, Queiruga publicou que sente "noxo" por Prado e que lle parece "gravísimo" o que ela fai sen que ninguén lle diga nada, á vez que a cualificaba de "frívola, velenosa" e "mala persoa".

Pero non quedou aí, xa que nas súas respostas a outros usuarios de X chegou a xustificar a súa reacción e sinalou que "moitas señoras deste país diríanlle a Paula Prado que ela si que ten falta" dunha bomba, a través do emoticono, na súa zona íntima. "Sabes o que quere dicir esa expresión nun rexistro coloquial, que é ao que eu refírome?", interpelou Santos Queiruga nese mesma mensaxe, no que acabou criticando a Prado por "falar sen prestar atención ao bo xuízo".

Na súa denuncia, tamén a través das redes sociais, a secretaria xeral do PPdeG rescatou a frase de "ela si que ten falta" dunha bomba na súa zona íntima e insta ao BNG para "prescindir para sempre deste divulgador de odio e violencia", á vez que lembra que foi o número 4 da candidatura dos nacionalistas ás eleccións europeas.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade