Pasarón asiste esta temporada a partidos con espectáculo e con goles
Os números son de impacto: máximo goleador da categoría, catro goles de media en Pasarón e Rufo Pichichi destacado
O Pontevedra remata o ano na posición pretendida. A goleada ao Fabril situouno no liderado e iso que o céspede de Pasarón non axuda. Conste que debutou perdendo na casa fronte a Ximnástica de Torrelavega. Máis presión, se cabe.
Se hai un momento clave, é a visita ao Zamora, antiga casa de Yago Iglesias. Aquel 0 a 4 ao primeiro da clasificación impulsou os granates ata o actual liderado.
"Polo club que é, polo nome que ten, a historia que ten... o Pontevedra ten que pelexar por estar no máis alto".
Os números son de impacto: máximo goleador da categoría, catro goles de media en Pasarón, Rufo Pichichi destacado e o equipo dos menos goleados.
A estas alturas parece un fracaso non lograr o ascenso directo. O Pontevedra comeza o ano na Magdalena. O Rácing Vilalbés sabe que ten un oso duro de roer.