Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os 4 detidos na operación antidroga do Salnés, a disposición xudicial

Os 4 detidos na operación antidroga do Salnés, a disposición xudicial

Os axentes incautáronse de 2 quilos de cocaína e diñeiro en efectivo

G24.gal 07/10/2022 13:48

Os catro detidos no marco da operación Heroin Brown na comarca do Salnés contra o tráfico de drogas chegaron ás 9 e media da maña a dependencias xudiciais de Vilagarcía, onde contra as 11:30 pasaron a disposición xudicial no xulgado de instrución número 2 que coordina as dilixencias.

As detencións son o resultado dunha investigación, que esta baixo segredo, e do operativo levado a cabo durante a xornada mércores no que participaron axentes dos Equipos de Delincuencia Organizada Antidroga das comandancias de Pontevedra e A Coruña e a Udyco da Policía Nacional de Pontevedra.

Segundo fontes policiais, tres dos arrestos producíronse na mañá en vivendas desta calexa do lugar da Pantrigueira, en Vilanova, e tamén da avenida de Vilagarcía e do Pombal de Cambados.

Noutro operativo realizado esa mesma tarde foron detidas outras dúas persoas, das que unha quedou en liberdade tras declarar en sede policial. 

Trátase dun grupo liderado por dous veciños de Vilanova, vellos coñecidos das forzas de seguridade pola súa implicación en delitos relacionados co tráfico de drogas, e ao que se lle atribúe o movemento de varios quilogramos de cocaína na comarca.

Nun dos rexistros, os axentes incautáronse de 2 quilogramos de cocaína e dunha cantidade, sen determinar, de diñeiro en efectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade