Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrementen contra un coche patrulla en Boiro, agriden axentes na fuxida e acaban detidos

Arrementen contra un coche patrulla en Boiro, agriden axentes na fuxida e acaban detidos

Os dous arrestados, un home e unha muller, veciños da vila, estaban sendo investigados logo de que reactivaran un punto de venda de drogas 

G24.gal 17/09/2026 09:28

Efectivos da Garda Civil de Boiro detiveron dúas persoas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, atentado contra axentes da autoridade e senllos delitos contra a seguridade viaria despois de que os implicados arremeteran contra o vehículo policial para eludir o alto.

A detención dun home de 56 anos e unha muller de 36, ambos veciños da localidade, permitiu desarticular un punto de venda de droga polo miúdo na vila do Barbanza.

As investigacións iniciáronse tras a reactivación deste punto de distribución por parte dos dous implicados, quen xa contaban con antecedentes por feitos similares.

Os axentes prepararon un dispositivo para poder demostrar o tráfico de drogas e poder deter os sospeitosos.

Durante unha das intervencións, os implicados acometeron contra o vehículo policial para eludir o alto e fuxiron a gran velocidade, abandonando despois o turismo nunha zona de monte próxima.

Momentos despois, os axentes interceptaron os dous sospeitosos a bordo dun segundo automóbil e detivéronos.

Na inspección incautáronse 60 doses de heroína, 31 de cocaína, 26 de haxix e 4 de marihuana listas para a súa venda, diversos útiles para a súa manipulación e máis de 1.400 euros en efectivo, constatándose así mesmo que a condutora non tiña permiso de condución.

As dilixencias instruídas, xunto cos detidos, foron postas á disposición do Xulgado de Garda de Ribeira, cuxa autoridade xudicial decretou o ingreso en prisión sen fianza para ambos os procesados

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade