Cargando resultados...
Partido moi completo do Deportivo Abanca ante o Osasuna (3-0)
Charle, Laura Fernández e Sara Navarro marcaron os goles
G24.gal
16/10/2022 14:32
Triunfo cómodo do Deportivo Abanca en Abegondo ante o Osasuna. Foi o partido máis completo das deportivistas no que vai de temporada. A acción decisiva foi a do gol de Marta Charle xusto antes do descanso, no minuto 44.
As de Irene Ferreras ampliaron vantaxe ao pouco de volver dos vestiarios. Marcou Laura Fernández. A goleada completouse xa no tempo engadido. O terceiro do deportivo Abanca levou a sinatura de Sara Navarro.
As coruñesas colócanse de terceiras e superan así na clasificación o seu rival de hoxe.