Cargando resultados...
Parte da afección do Celta amosou o seu enfado co presidente Mouriño
Houbo berros de "Mouriño, vaite xa" tras o empate (1-1) co Xirona
G24.gal
24/05/2023 13:38
Última actualización 24/05/2023 13:44
Ao acabar o partido entre Celta e Xirona, parte da afección mostrou o seu malestar pola situación do equipo. E o branco das críticas foi o palco, onde se atopaba o presidente, Carlos Mouriño. Á parte de asubíos, puideron escoitarse berros de "Mouriño, vaite xa" desde a bancada de animación e outros sectores do estadio.
Á súa saída do estadio, acompañado por Marián Mouriño, foi increpado tamén por algúns afeccionados e escoltado ata o seu vehículo. Abandonou o estaio baixo a protección dun cordón de seguridade ao finalizar o duelo, nun ambiente de tensión e insultos contra el e a súa filla.