Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veljko Mrsic cre que o derbi está a un 50 por cento para os dous equipos

Veljko Mrsic cre que o derbi está a un 50 por cento para os dous equipos

O técnico mantén a dúbida do arxentino Juan Fernández e o base Sergi García

Foto @CBBreogan
G24.gal 22/12/2023 13:36 Última actualización 22/12/2023 13:41

O equipo dirixido por Veljko Mrsic encara o clásico do baloncesto galego co reforzo anímico que supuxo a clasificación para a eliminatoria de repesca da liga de Campións, despois de tombar o pasado mércores ao Telekom Bonn, vixente campión da competición continental. Agora toca o derbi.

 "Moita ilusión, é un partido moi importante para a nosa afección e moi importante para os dous equipos".

Mrsic non poderá contar co internacional italiano Mouhamet Diouf, e mantén a dúbida do arxentino Juan Fernández e o base Sergi García, que xa se perderon o último encontro europeo.

A súa volta sería un alivio para un equipo castigado fisicamente pola acumulación de partidos.

"O derbi está un 50 por cento. Xogamos en casa, pero só é bo se xogamos moi concentrados".

O derbi podería ser, ademais, o último partido coa camiseta breoganista de Justin Anderson, fichado o pasado mes de outubro cun contrato temporal para suplir a baixa de Toni Nakic. A súa vinculación co club lucense finaliza este mes, e o Valencia Basket xa lle trasladou unha oferta para incorporalo ao seu persoal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar