Cargando resultados...
Pablo Martínez: "A afección ten que estar enfadada con nós"
Pablo Martínez: "A afección ten que estar enfadada con nós"
O central francés defendeu o traballo de Óscar Cano
Foto @RCDeportivo
G24.gal
22/03/2023 13:00
Última actualización 22/03/2023 13:05
A derrota ante a Cultural aínda doe no vestiario do Deportivo e iso encargouse de deixalo claro Pablo Martínez. O central fixo autocrítica, empezando por valorar os cánticos contra Óscar Cano:
"Entendo que a afección estea enfadada, pero ten que estar enfadada con nós. O míster deunos todo o que tiñamos que facer e fallamos en todos os sentidos".
A súa sensación foi de indolencia:
"Penso na afección que fixo tantos quilómetros para ver ese espectáculo… cando xogamos por este escudo hai que deixalo todo no campo. Podes perder, pero non que non deixemos todo. E eu o primeiro. Son o primeiro que falla. E neste partido non o demos todo, non xogamos con todo, e iso é o que me molesta"