Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CTA dá a razón ao Dépor: non había penalti de Quagliata

O CTA dá a razón ao Dépor: non había penalti de Quagliata

A polémica xogada foi unha das analizadas por Tiempo de revisión: “A decisión de campo era a correcta, o VAR non debería de intervir”

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 29/04/2026 11:48 Última actualización 29/04/2026 11:56

O Comité Técnico de Árbitros (CTA) a través do seu programa Tiempo de revisión, no que analizan algunhas accións durante a semana, recoñecen o erro arbitral labor por Andrés Fuentes Molina e o encargado do VAR, Luis Mario Milla Alvendiz no penalti sinalado a Giacomo Quagliata tras un choque con Sergio González.

A acción permitiu a Curro empatar o partido no Plantío e ao Deportivo custoulle dous puntos clave na carreira polo ascenso a Primeira División, perdendo a súa segunda praza esta xornada. O CTA considera que o movemento "é natural" e o VAR "non debería intervir".

A acción arrastrou moita polémica e mesmo unha queixa pública do Deportivo polas diferenzas nos criterios arbitrais. O CTA recoñece que Fuentes Molina e Milla Alvendiz equivocáronse ao decretar o penalti no Plantío que lle custou dous puntos ao Deportivo.

"Un defensor do Deportivo salta para disputar un balón de cabeza realizando un movemento natural de brazos. O atacante do Burgos, sen opción clara de xogar o balón, invade o espazo do defensor e impacta cos brazos deste", explica a presentadora e narradora do programa Tempo de revisión.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade