Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ozempic é o medicamento que encabeza os ingresos das farmacias españolas

Ozempic é o medicamento que encabeza os ingresos das farmacias españolas

A sanidade pública investiu máis de 400 millóns en financialo

O seu uso para combater a obsesidade non está cuberto polo seguro

G24.gal 22/12/2025 14:59

A aparición do Ozempic supuxo unha revolución no tratamento da diabetes e disparou vendas a nivel mundial pola súa eficacia contra a obesidade. En España xa é o medicamento que encabeza os ingresos das farmacias.

"O que pasa é que é un medicamento que ten un importe elevado. De base o prezo é de 128 euros, entón cada unidade suma moito na conta global", explica Ignacio Labella, voceiro do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.

Polo momento o seu uso contra a obesidade non vai polo seguro. Os que precisen perder peso terán que pagar outros fármacos feitos coa mesma molécula, a semaglutida.

"O que fai é que os pacientes perdan apetito, ganas de inxerir graxas. Por iso é moi eficaz para perder peso. Como todo medicamento ten contraindicacións, non son moi graves, pero hai que vixialas".

Se o Ozempic é o fármaco en que máis gasta a Seguridade Social, o paracetamol é o principio activo que máis se receita, seguido do omeprazol e do metamizol.

O Sistema Nacional de Saúde desembolsou o pasado ano máis de 13.000 millóns de euros en receitas, máis da metade foron de fármacos xenéricos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade