Ourense engalánase para recibir dous equipos de Primeira División
Arenteiro e Barbadás reciben o Almería e Valladolid nunha xornada para a historia
O Ourense e o Coruxo tentarán derrotar a rivais tamén de superior categoría
O Lugo e o Rácing viaxan a Euskadi para xogar contra o Arenas de Getxo e o Sestao
Nove equipos galegos proban a Copa. Ningún coa ilusión de neno con zapatos novos do Barbadás, que vivirá un deses momentos únicos nunha vida coa chegada do Valladolid a Ourense
A poucos quilómetros, outro primeira, o Almería, visitará o abraiante Arenteiro dos vinte partidos invicto. E ninguén desbota outra badalada. Soños de proeza comparten tamén o Ourense e o Coruxo, que reciben o Alcorcón e Eldense, tamén de superior categoría.
O resto de galegos viaxan a campos de inferior nivel. O Celta visita o Algar, da preferente murciana. O Lugo a un histórico que foi campión, o Arenas de Getxo. Non moi lonxe, en Sestao, xoga o Rácing e o Pontevedra rende visita Manresa.
Xa que logo, hai Copa para moitos e premio para os que se atrevan a darlle o mellor grolo.