Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo clasifícase para a final da Copa do Rei eliminando ao Igualada (1-2)

O Liceo clasifícase para a final da Copa do Rei eliminando ao Igualada (1-2)

Na final de mañá (11:45h, G2 e AGalega.gal) agarda o Calafell, que eliminou ao Barça por penaltis

G24.gal 21/03/2026 20:21

O Liceo segue dándolle alegrías ao deporte galego. Ano tras ano, sempre está aí. O equipo coruñés clasificouse para a gran final da Copa do Rei tras derrotar ao Igualada por un gol a dous.

O encontro comezou dun xeito inmellorable para o Liceo. E é que os coruñeses tardaron trece segundos en marcar. Dava Torres estivo moi atento a un rexeitamento e inaugurou o marcador no Ateneo de Noia.

Coa mínima vantaxe liceísta chegouse ao lecer. E aos sete minutos do segundo tempo empataba o Igualada cun lanzamento de penalti de Roger Bars.

Os de Juan Copa resistiron despóis os mellores momentos do seu rival e golpearon de novo a falta de cinco minutos cun golazo espectacular de Nil Cervera. Tremendo disparo o seu para situar no marcador o un dous que sería definitivo. O espectacular gol de Cervera vale toda unha final de Copa, contra o Calafell, que eliminou por penaltis ao Barça. Un partido que veremos mañá as doce menos cuarto na nosa segunda canle e en AGalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade