Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense e Pontevedra marcarán hoxe as máximas do Estado

Ourense e Pontevedra marcarán hoxe as máximas do Estado

A AEMET prevé que os termómetros acaden en Ourense os 28 graos; en Pontevedra chegarán aos 26 

As temperaturas diúrnas contrastan coas nocturnas, que seguen sendo baixas

G24.gal 19/04/2024 09:41 Última actualización 19/04/2024 09:53

Ourense marcará este venres as temperaturas máximas de todo o Estado con ata 28 graos, un valor ao que tamén se aproximarán na provincia de Pontevedra, onde se esperan 26 graos, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

As temperaturas mínimas baixarán este venres e mesmo podería haber xeadas en puntos da meseta norte nunha xornada con seis provincias en aviso por vento e ondas.

En concreto, os avisos por fenómenos costeiros estarán en Almería, Cádiz e Granada (Andalucía) e Mallorca e Menorca (Baleares). Ademais, Cádiz (Andalucía) tamén terá aviso por vento.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas estarán en descenso salvo no extremo suroeste peninsular e no oeste de Galicia.

En xeral, AEMET prevé que continúe o tempo estable na maior parte da Península con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que espera nebulosidade baixa matinal en litorais do Mediterráneo, área do Estreito, Cantábrico oriental, alto Ebro e oeste de Asturias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade