Ourense e Burela disputan a eliminatoria estrela da Copa da Raíña de fútbol sala
O partido será emitido ás 21:00 horas pola G2
Quedan menos de vintecatro horas para que arranque a Copa da Raíña en Ourense. O Burela prepárase para emprender a viaxe. Agardan que sexa para revalidar o título que ostentan.
O Ourense Envialia é o primeiro obstáculo que deberán esquivar nese camiño. O sorteo quixo un derbi galego na xornada inaugural. Será a quinta vez que os dous clásicos do fútbol sala feminino se midan esta temporada. A última foi na Copa Galicia, onde foron derrotadas polas ourensás. O Burela cedeu o seu primeiro título en tres anos. Imaxinen o tamaño da espiña.
Esa vitoria na Copa Galicia é a que lle dá azos ao equipo anfitrión. Como cren en Ourense que chegarán as favoritas?
O terceiro galego en liza é o Marín ao que as circunstancias sitúan nunha posición máis delicada. Un gromo de covid fixo que o equipo se presentara con tres xogadoras ao duelo ante o Burela na liga. Apenas unha semana despois medirase co Roldán na Copa. Os outros dous cruzamentos da Copa son o Zaragoza-Atlético Navalcarnero e o Melilla-Alcorcón.