Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra perde ante o Arenas e segue ás portas do Play Off (1-0)

O Pontevedra perde ante o Arenas e segue ás portas do Play Off (1-0)

Un gol de Lartitegi no treito final do partido deixou a vitoria en terras vascas

Os granates mantéñense en puntuación de eliminatorias polo ascenso pese a derrota

@pon
G24.gal 08/04/2026 20:36

Derrota do Pontevedra CF en Getxo ante o Arenas no partido que poñía a día o calendario da Primeira RFEF. Os granates cederon nos últimos minutos ante un equipo vasco que acadou a súa terceira vitoria consecutiva e achégase aos postos de play off de ascenso. Postos nos que se mantén o Pontevedra, en igualdade de puntos con Real Madrid Castela e Zamora.

O técnico granate Rubén Domínguez realizou catro trocos no 11 rspecto ao pasado sábado. Deu descanso os tres medias puntas: Luisao, Diego Gómez e Alberto Gil entrando no seu lugar Brais Abelenda, Alex González e Resende. Ademáis tamén moveu a portería entrando Edu Sousa no lugar de Marqueta. E a primeira metade transcurriu sen moitos problemas para o cadro do Lérez que incluso gozou dunha boa ocasión cun disparo de Alex Comparada.

Na segunda metade a igualdade era a tónica xeral do partido. Chegou os momento dos trocos e aí gañou a partida o equipo vasco. Xa que a oito minutos do final sería un dos recentemente incorporados, Julen Lartitegi, o que acadaría o único gol do choque cun gran disparo desde a frontal que entrou na meta de Sousa tras tocar no pau esquerdo da súa portería. Tentaríano os pontevedreses no treito final pero con escaso acerto na área contraria. Alain Ribeiro tras un centro de Cuesta tivo a mellor ocasión dos granates pero o seu remate non colleu portería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade