Claudio Giráldez: "Oxalá poidamos estar nas semifinais. Imos pelexalo con todas as nosas forzas"
O adestrador do Celta destacou que o obxectivo do equipo esta temporada xa está acadado e que esta competición é para disfrutar sen renunciar á ambición
Recoñeceu que Iago Aspas e Matías Vecino non están para xgar os 90 minutos pero están en disposición de axudar desde o banco ou coma titulares
O adestrador do Celta Claudio Giráldez compareceu na rolda de prensa oficial previa ó partido de ida dos cuartos de final da Europa League que disputará mañá en Alemania ante o Friburgo:
"Tiñamos un pouco a dúbida se ía chegar Carl a poder viaxar e a probarse hoxe. Consideramos que era imposible que chegase a este partido por como evolucionou as costas e preferimos que non se coma a viaxe e poida recuperar para os partidos que veñen. Sabemos que é un xogador importante para nós pero tivemos moitos partidos sen el que o equipo competeu moi ben. Temos confianza en todos os integrantes do noso persoal"
"O Friburgo nos últimos partidos foi moito máis agresivo. O último partido, contra o Bayer, é un emparellamento home a home por todo o campo esaxerado. Creo que é un pouco a inercia que ten o fútbol actual e, en especial, o fútbol alemán. Eu espérome un partido moito máis próximo ao que vimos contra o Bayern que unha formulación máis conservadora. É un equipo que é moi sólido, que encaixa moi pouco. Leva poquísimos goles encaixados, ten moi bos números tamén en casa. Gañou todo nesta competición aquí. En canto a estrutura de club e nivel moi parello a nós, con moito xogador canteirán"
"Parece, pode ser máis tapado por nome e iso faino máis perigoso. Entendo que a xente que o di non os viu moito. Teñen moitísimo nivel, fixeron unha fase de grupos moi boa, varreron ao Genk en especial no partido de volta. Son moi difíciles de meter man e un rival incómodo e moi físico e con moito potencial en balón parado e en transición "
"Non me preocupa nada que pase nesta competición. Temos que valorar onde estamos e temos que ser esixentes e ambiciosos para querer máis pero as preocupacións era non conseguir a salvación este ano en Primeira. Conseguímola. Agora temos que ser esixentes para conseguir máis pero nunca desde a preocupación se non desde a motivación. Oxalá poidamos estar nas semifinais. Imos pelexalo con todas as nosas forzas"