O Friburgo alemán será o escollo celeste nos cuartos de final
Remontou na volta dos oitavos de final diante do Genk cunha goleada (5-1)
O Friburgo alemán será o rival do Celta na rolda de cuartos de final. O equipo da Bundesliga remontou o 1-0 que traía o Genk de Bélxica e gañou por un contundente 5-1 no seu campo. Ginter a Matanovic puxeron o 2-0 pero o Genk igualou a eliminatoria co tanto de Smets antes do lecer.
Na segunda parte o Friburgo foi un ciclón e con tantos de Grifo, Suzuki e Eggestein acadou unha goleada que os mete nos cuartos. A ida xogarase no Stadion am Wolfswinkel e a volta será en Balaídos.
O cadro alemán marcha no noveno posto da Bundesliga. O seu adestrador, Julian Schuster, é un perfil moi semellante ao de Claudio. Un proxecto de futuro (ten 40 anos) que conseguiu meter o equipo en competición europea no seu primeiro ano.
O eixe do equipo é o centrocampista Maximilian Eggestein, elemento fundamental xunto co defensa Matthias Ginter. No ataque, alterna moito as opcións co italiano Vincenzo Grifo, o croata Igor Matanovic ou o dianteiro Lucas Höler como dianteiros máis destacados no tocante aos goleadores.