Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta gaña con solvencia en Lión e xogará os cuartos de final da Europa League ante o Friburgo (0-2)

O Celta gaña con solvencia en Lión e xogará os cuartos de final da Europa League ante o Friburgo (0-2)

O árbitro birlou un claro penalti a favor dos celestes no primeiro minuto de partido e logo expulsou o local Niakhaté na primeira metade

Javi rueda e Ferrán Jutglá anotaron os goles dos vigueses

O Friburgo será o rival nos cuartos de final tras golear ó Genk belga

@rccelta @rccelta
G24.gal 19/03/2026 19:35

O Celta estará nos cuartos de final da Europa League tras derrotar a domicilio ó Olimpique de Lión, 0-2, o equipo que rematou na primeira posición da liga regular, e nove anos despois estará de novo nos cuartos de final da competición continental.

O partido estivo condicionado desde o inicio polo penalti escamoteado aos vigueses na primeira xogada de partido. Tagliafico pisou de forma clara dentro da área a Javi Rueda pero incomprensiblemente nin o colexiado nin o VAR consideraron a entrada merecedora de sanción. Giráldez sorprendeu cun plantexamento de partido con liña de catro atrás, Con Fer López xuntándose polo medio con Vecino e Moriba e Javi Rueda sendo un estilete desde o extremo dereito. O propio Rueda forzaría a expulsión de Niakhaté por unha acción moi similar a primeira que non quiso sinalar o colexiado. Con superioridade nimérica no campo o Celta gozou de tres claras ocasións pero tanto Pablo Durán coma Swedberg e Fer López topáronse con tres boas intervencións do meta Dominik Greif.

No descanso Claudio Giráldez decidiu sustituír os dous xogadores amonestados. Swedberg e Starfelt deixaban o seu lugar a Hugo Álvarez e Aidoo. E a entrada do primeiro foi fundamental. As súas combinacións con Carreira por banda esquerda comezaron a levar perigo e tras unha delas Javi rueda aproveitaba o centro do xogador ourensán para adiantar ós vigueses no marcador. Restaba media hora e o partido estaba onde quería o cadro olívico. O Celta puido finiquitar a eliminatoria con boas contras sempre protagonizadas por Javi Rueda pero o xogador andaluz erraba no pase final. A sentenza chegaría xa na prolongación ao aproveitar Ferrán jutglá un man a man con Greif. 

Gran vitoria dos celestes que buscarán o pase ás semifinais ante o Friburgo alemán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade