Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi: "O Celta Fortuna vai dar a mellor versión, estou convencido"

Fredi: "O Celta Fortuna vai dar a mellor versión, estou convencido"

O filial do Celta está a un empate de ascender a Segunda División

Balaídos rozará o cheo no partido de volta da eliminatoria final ante a Ponferradina: "Que nos boten unha man"

Fredi: "Estou namorado dos meus xogadores, que acabe en matrimonio"

G24.gal 19/06/2026 21:24

Coma se xogase o primeiro equipo. O Celta Fortuna terá o apoio masivo do celtismo en Balaídos para empurralo a Segunda División. Uns vinte mil espectadores, mil cincocentos afeccionados da Ponferradina.

Para Fredi Álvarez que Balaídos apunte ao cheo é positivo en todos os sentidos: "Para o club é moi importe e para os xogadores extremadamente importante, porque haberá momentos de resistir e sufrir. Vamos necesitalos. Que nos boten unha man".

O adestrador da Ponferradina non teme o ambiente. Mehdi Nafti asegurou na rolda de prensa deste venres que "se Balaídos mete vinte mil os meus xogadores quererían que fosen trinta mil"

O filial celeste ten a vantaxe do empate sen goles da ida, onde comprobou o difícil que é xogarlle á Ponferradina. No Toralín sentou mal que o Fortuna festexase coa eliminatoria a medias. "Nós non celebramos nada, o único que fixemos foi desfrutar coa nosa xente", explicou Fredi.

Antes do partido definitivo o técnico do Celta Fortuna insistiu na declaración de amor que lle fixo ao seu equipo tralo partido de Ponferrada: "EStou namorados dos meus xogadores. Que este namoramento acabe en matrimonio."

O Celta Fortuna está a un empate de facer algo histórico para desfrutar e celebrar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade