Abdulaye Faye convertirase na terceira fichaxe do Celta
O central chegará cedido polo Bayer Leverkusen e os vigueses terán unha opción de compra ao remate da temporada
A temporada pasada xogou en préstamo no Lorient da liga francesa
@bayer04_en
Celta e Bayer 04 Leverkusen chegaron a un principio de acordo para que o central senegalés Abdoulaye Faye xogue, en calidade de cedido, no equipo galego a tempada 2026-27. O futbolista zurdo, de 21 anos, asinou polo conxunto alemán no verán de 2025, procedente do BK Häcken sueco, e cun contrato de longa duración, ata xuño de 2030.
A pasada tempada, xogou cedido no FC Lorient francés, co que disputou dezasete partidos en Líguea 1 (1.446 minutos) e dous na Copa de Francia. Habitualmente desenvólvese coma central zurdo nunha liña de tres, no mesmo sistema que practica o conxunto vigués.
Abdoulaye Faye será a terceira incorporación do conxunto dirixido por Claudio Giráldez tras o lateral esquerdo Javi Galán e o centrocampista Aleix Febas. O club galego, ademais, ten avanzadas as negociacións para a chegada dun porteiro