O Celta reforza a súa posición financeira entre a elite da Liga
O Celta entra no top ten da Liga entre as marcas mellor valoradas da competición
O presidente da Liga, Javier Tebas, loou a posición económica do cadro vigués
A presidenta Marián Mouriño anunciou a posición de forza do club no mercado, asegurando que non venderán por cadrar contas esta temporada
O Celta recibiu este luns o prestixioso selo de transparencia e excelencia en divulgación non financeira por parte do Consello Xeral de Economistas de España e La Liga. O seu índice BSI, indicador que mide a percepción, reputación e recoñecemento dunha marca en diferentes mercados, pasa de 51 a 57 puntos sobre 100, o que supón un crecemento do 12 % e sitúa o club como a sétima marca de fútbol que máis mellora a nivel mundial neste apartado.
No acto estivo presente o presidente da Liga, Javier Tebas, que loou a situación económica do cadro vigués:
"Os clubs coma o Celta sempre teñen que facer unha venta de xogadores. Non sei se este ano terá que facela pero se eu fose seguidor do Celta non estaría nada preocupado polso números do Celta que me parecen exytraordinarios".
A presidenta do cadro olívico aproveitou o acto para falar das diferentes situacións de mercado nas que está inmerso o club:
"Posible venda de Moriba? Non nos imos desesperar nin imos vender por vender. Brais Méndez ? Non o sei, son xestións do director deportivo. Os deberes xa están feitos. Febas xa está aquí, renovamos a Iago... Agora hai que esperar o mercado con tranquilidade".