Richard Barral: "O Friburgo é un quipo goleador que tamén encaixa moitos goles"
Estivo na Bundesliga formando parte do corpo técnico do Eintracht de Frankfurt
O Friburgo é un equipo rochoso, moi físico, que ten no xogo aéreo unha das súas principais armas
A amarga derrota ante o Bayern Múnic obriga ao Friburgo a priorizar a liga Europa, xa que na Bundesliga ten moi complicado alcanzar a sexta praza que agora ocupa o Bayern Leverkusen.
O estilo de xogo do conxunto dirixido por Julian Schuster non é o que mellor se adapta á proposta futbolística dos celestes. O Friburgo é un equipo rochoso, moi físico, que ten no xogo aéreo unha das súas principais armas. E aí é, curiosamente, onde máis frouxea o Celta.
Falamos con Richard Barral, coñecedor da Bundesliga. Estivo en Alemaña formando parte do corpo técnico do Eintracht de Frankfurt
"O Friburgo é un quipo goleador que tamén encaixa moitos goles"
O técnico alemán, de tan só 40 anos, ten a dúbida de Lucas Höler, que se retirou lesionado na recta final do duelo ante o Bayern, no que marcara o 2-0 no minuto 71. O italiano Vincenzo Billa, un especialista na execución do balón parado que suma doce dianas entre todas as competicións, e o dianteiro croata Igor Matanovic, apuntan ao once tras descansar a fin de semana.
O Friburgo, que sacou o primeiro billete da súa historia para os cuartos de final dun torneo continental tras esmagar o Genk belga, encadea nove triunfos seguidos como local na liga Europa.