Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Non sei cal é o teito. Sei que somos un moi bo equipo"

Claudio Giráldez: "Non sei cal é o teito. Sei que somos un moi bo equipo"

O técnico vigués amosou a súa felicidade polo pase ós cuartos de final

Lembrouse de Miguel Román e dos seus familiares

Amosou o seu orgullo por dirixir a este grupo de futbolistas

G24.gal 19/03/2026 21:43

O adestrador do Celta Claudio Giráldez compareceu en rolda de prensa visiblemente feliz despois de acadar o pase ós cuartos de final da Europa League tras gañar en Lión 0-2:

"O vestiario é unha festa. Saímos ao terreo de xogo a facer un bis coma os artistas. É precioso o que se vive. Vimos a felicidade de moitos afeccionados, traballadorers do club, directivos, xogadores ...moi contento por todos e por gozar dun día histórico para nós e redondo"

Era importante que estivésemos equilibrados, que non puidesen saír en transición, non o fixeron en todo o partido. É unha pena que algún cambio deles non nos axustamos ben para seguir estando en avanzado"

"Saímos moi ben da súa presión, que os primeiros 15-20' son boísimos do equipo para poder irnos en vantaxe. Logo fomos estables no mental que é moi importante cando pasas de ser o non favorito a selo pola superioridade numérica"

"Do primeiro que me lembrei ó rematar o partido foi en Miguel Román. Non sei cal é o noso teito. O que sei é que somos un bo equipo, un bo grupo e un bo club"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade