Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luismi Cruz: "É unha xornada importante, como as oito; mirar outros resultados confundiríanos"

Luismi Cruz: "É unha xornada importante, como as oito; mirar outros resultados confundiríanos"

O partido será o domingo ás 16:15 e ofrecerase en directo pola primeira canle da TVG e tamén en AGalega.gal 

G24.gal 08/04/2026 13:25 Última actualización 08/04/2026 13:32

Luismi Cruz, en conferencia de prensa, puxo o foco neste final de tempada unicamente no Deportivo, deixando ao carón os resultados dos rivais directos. O Deportivo afronta o tramo decisivo de tempada en boa forma e metido de cheo na pelexa polo ascenso directo.

A falta de oito datas para o final o equipo é terceiro, a un punto do ascenso directo e a dous do liderado. Para estas últimas xornadas, Luismi Cruz puxo o foco unicamente no Deportivo. Fala tamén da opción de meterse en ascenso

unha xornada importante, sono as oito; mirar outros resultados confundiríanos".

A pesar da infinidade de duelos directos que hai nas próximas xornadas, o andaluz considera que mirar os resultados dos demais equipos confundiría a un Dépor que depende de si mesmo para ascender pola vía rápida a Primeira División.

"Mirar os resultados dos demais confundiríanos; é o noso resultado, o noso partido".

Ademais, valorou positivamente o punto ante o Málaga e recoñeceu a ilusión que existe no vestiario.

O partido será o domingo ás 16:15 e será ofrecido en directo pola primeira canle da TVG e tamén en AGalega.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade