Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Pereiro "O Gran Camiño será unha volta para un todoterreo"

Óscar Pereiro "O Gran Camiño será unha volta para un todoterreo"

O vencedor do Tour 2006 analizou, na súa presentación, a nova ronda profesional galega

G24.gal 15/01/2022 11:31

A Cidade da Cultura do Gaiás foi o lugar escollido para a  presentación do "Gran Camiño", a nova volta ciclista profesional galega que percorrerá as catro provincias a finais do mes de febreiro. Entre os moitos persoeiros alí presentes estaba o ex ciclista de Mos Óscar Pereiro, que forma parte da organización. Quixo Pereiro destacar o papel da figura principal no regreso do ciclismo profesional ás estradas da comunidade, Ezequiel Mosquera.

"Se había alguén que podía facer isto era Ezequiel. Non só pola seriedade e o traballo, convencer á tódalas administracións, a moitas empresas privadas que están a colaborar. Semellaba algo que era imposible pero el foi quen de impulsar no proxecto. Transmitiu a confianza para convencer a primeira vista. É unha ilusión que teñamos ciclismo do bo aquí"

 

Pereiro tamén se referiu ao percorrido, con catro etapas, unha por provincia. A primeira sairá Porriño e chegará a Vigo. Na segunda a meta estará situada en Ézaro. A tirada raíña será o terceiro día, por Ourense, con saída en Maceda e chegada en Luíntra. Finalizará o Gran Camiño cunha crono en Sarria.

"É un percorrido para todo terreos, non para un escalador puro. É moi bonito, espectacular. Creo que é un percorrido bo para Álex Marque, se é quen de pasar a tirada de Luíntra, e facer boa crono"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade