Cargando resultados...
Óscar Cano substitúe a Borja Jiménez no banco do Deportivo
Conta cunha ampla experiencia na terceira categoría do fútbol español, onde dirixiu un total de 260 encontros
G24.gal
11/10/2022 16:04
Última actualización 11/10/2022 16:17
Óscar Pedro Cano Moreno (Granada, 6 de novembro de 1972) é o novo adestrador do Deportivo.
En total, Óscar Cano suma 45 partidos dirixidos en Segunda División, 260 encontros entre Segunda B e Primera Federación e 5 en playoffs de ascenso a Segunda, 2 co Polideportivo Ejido e 3 co C. D. Castellón.
Xunto ao técnico nazarí chega ao R. C. Deportivo, para exercer de segundo adestrador, Elías Martí (La Llosa de Ranes, Valencia, 27 de outubro de 1977).
A conferencia de prensa de presentación terá lugar mañá ás 16:30 horas en Riazor.