Os xabarís chegan tamén ao centro de Vigo
Os animais pasean xa polas inmediacións da praza de España e da Estrada Provincial
Os veciños afectados alegan que policía e Seprona non lles proporcionan solucións
Os xabaríns chegaron xa ao centro de Vigo, a escasos metros da praza de España e da Estrada Provincial, lindando co Colexio Cluny.
Josué Correa pasa a noite en vela desde hai quince días para afastar á parella e as súas crías que desde hai dúas semanas comen as súas noces e fan buratos na súa finca, pero iso non é o peor, segundo recoñece, ten medo de que algún día o sorprendan cando non haxa luz. Coida que poden ser perigosos porque queiran protexer as crías.
É o maior afectado nesta zona semirrural de Vigo pero non o único, na zona tamén vive un pastor transhumante ao que lle comen o millo e a alfalfa. Outros menos afectados asisten abraiados ao espectáculo nocturno desde as fiestras dos seus edificios desde onde ás veces ven tamén raposos.
Josué di que nin a policía nin o Seprona lles fixo caso. O único efectivo contra os animais foi regar o predio con vinagre. Por iso optou por chamar os medios de comunicación para que se fixesen eco do caso.