Os viños galegos, os preferidos para o menú de Noitevella
Os galegos preocúpanse cada vez máis de buscar o viño máis axeitado para cada prato
Os escumosos feitos en Galicia gañan terreo nas nosas mesas de Noitevella
Na mesa de Noitevella non poden faltar os mariscos, o peixe ou a nosa carne preferida. É importante ter claro con que viños acompañalos, porque non sempre o branco é para o peixe ou o tinto para carne.
Din os vendedores que cada vez hai mais preocupación por preguntar que levar para quedar ben coa familia ou amigos. Os brancos e tintos galegos son os máis demandados, pero, por suposto, os da Rioxa ou Ribeira do Douro teñen tamén gran demanda.
Nestas festas mesmo hai quen aposta por caldos procedentes de países como Chile, Arxentina ou Nova Zelanda. Os que tamén gañan terreo para a maridaxe e para brindar son os escumosos galegos, cada vez máis presentes na nosa Noitevella.