Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cociñeiros que suman 60 estrelas Michelin reuniranse para a nova edición de Estrelas no Camiño

Cociñeiros que suman 60 estrelas Michelin reuniranse para a nova edición de Estrelas no Camiño

O evento terá lugar o 1 de xuño nunha experiencia inmersiva na ría de Muros-Noia e o 2 de xuño na tradicional feira gastronómica da Finca Casa Barqueiro, en Gonte 

Profesionais dos fogóns como Berasategui, Jorgi Cruz ou Lucía Freitas darán boa conta da perfecta combinación que supón a gastronomía e o turismo

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición
G24.gal 05/05/2025 16:43 Última actualización 05/05/2025 17:13

Cociñeiros de toda España que suman 60 estrelas Michelin participarán en xuño na undécima edición do evento gastronómico Estrelas no Camiño, presentado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

O representante do Goberno galego destacou que este proxecto sintetiza “dous das liñas estratéxicas de traballo” de Turismo de Galicia: a gastronomía e o Camiño de Santiago.

Ademais, aludiu á presenza de varios cociñeiros galegos como Pepe Vieira, Yayo Daporta ou Áxel Smyth, unha mostra, puntualizou, “do bo facer de Galicia no campo gastronómico”, ademais dunha proba de que “a tradición da cociña galega non só soubo manterse, senón tamén actualizarse”.

A edición deste ano recadará diñeiro para dúas organizacións que traballan no campo da saúde mental: a Asociación Saúde mental A Creba e a Fundación de persoas con discapacidade intelectual Barcala.

A primeira xornada será o 1 de xuño e os chefs participantes poderán gozar dunha experiencia inmersiva na ría de Muros-Noia, centrada no produto galego. O día 2 celebrarase a xa tradicional feira gastronómica da Finca Casa Barqueiro, en Gonte (Negreira).

Finalmente, Xosé Merelles destacou os bos datos das rutas xacobeas no que vai de 2025. Ata o 4 de maio recolleron a súa compostela (o documento que acredita realizar polo menos 100 quilómetros a pé ou a cabalo e 200 quilómetros en bicicleta) 88.246 persoas, un 8 por cento máis que no mesmo período de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade