Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os danzantes da aldea limiá das Lamas manteñen viva a tradición

Os danzantes da aldea limiá das Lamas manteñen viva a tradición

Acompañaron a procesión da Santa Cruz cos seus bailes aprendidos de xeracións anteriores

A tradición perdérase durante anos pero a veciñanza conseguiu recuperala a comezos dos oitenta

G24.gal 04/05/2025 14:57 Última actualización 04/05/2025 16:12

Son oito danzantes, todos homes, tradicionalmente solteiros, os que bailan diante da imaxe da Santa Cruz e da Virxe no seu traslado da igrexa á capela das Lamas.

Amenizan o percorrido con seis danzas diferentes nas que empregan castañolas, paus ou o entrelazado. Ensaian a diario dende o comezo da novena aínda que coñecen os bailes dende pequenos e algún xa leva máis de dúas décadas danzando.

Descoñécese a orixe desta tradición pero os bailes gardan semellanza coas danzas gremiais, propias do medievo, que perviven noutras zonas de Galicia.

Nesta aldea de Xinzo chegaron a desaparecer durante anos ata que en 1981 os veciños decidiron recuperar esta tradición ligada á celebración das festas da Santa Cruz o primeiro domingo de maio.

Dende aquela, os danzantes non faltaron á súa cita nunca, agás na pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade