Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños quéixanse da froita que cae das árbores nas beirarrúas en Pontevedra

Os veciños quéixanse da froita que cae das árbores nas beirarrúas en Pontevedra

Na rúa Virxinia Pereira hai plantadas ameixeiras e os peóns esmagan os froitos

O Concello di que é consciente do problema e que o solucionará o máis axiña posible

Os veciños din que teñen que andar con moito coidado para non esvarar
G24.gal 02/08/2022 14:16

Os veciños quéixanse do descoidada que está a rúa. Ademais da froita que está no chan, que pode provocar caídas ao esvarar, din que hai polas das árbores que case chegan ás fiestras das vivendas ao medrar sen ningún tipo de control. Aseguran que tamén hai maleza nas beirarrúas que tiña que estar cortada a estas alturas de verán. Piden que o Concello bote un ollo a esta zona que está moi preto do centro da cidade.

Os veciños din que están fartos de que cada verán as beirarrúas estean cheas de froita esmagada que se pega no calzado, que fai que chan este esvaradío e que non teñan un servizo de limpeza eficiente. Ademais aseguran que as árbores non reciben coidado ningún polo que medran ao chou e mesmo que hai zonas que deberían estar limpas. Tampouco entenden como se plantaron árbores froiteiras como se fosen ornamentais.

"Dende xuño as ameixas comezan a caer ao chan e poñen todo perdido, saír da casa é esquivar ameixas, manchas os zapatos, eu cando collo a bicicleta teño que andar esquivando para non encher as rodas de froita esmagada. Despois veñen persoas en furgonetas con escadas a coller a froita e rompen as polas o que deixa unha estampa deprimente".

Pola súa banda, o Concello asegura que é consciente da problemática e que o servizo de limpeza traballa regularmente na rúa Virxinia Pereira. Din que o problema destas datas é que a froita madura moi rápido debido as altas temperaturas e que resolveran as eivas que están xurdindo o máis axiña posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade