Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños dos Duráns, en Vilagarcía, xuntan un cento de sinaturas contra un punto de venda de droga

Os veciños dos Duráns, en Vilagarcía, xuntan un cento de sinaturas contra un punto de venda de droga

Afirman que no barrio hai problemas de convivencia cos toxicómanos, sobre todo de noite

Nos negocios da contorna contan que os adictos entran a roubar e non poden deixar nada no local

Segundo os veciños, os adictos visitan día e noite a vivenda ocupada ilegalmente Segundo os veciños, os adictos visitan día e noite a vivenda ocupada ilegalmente
G24.gal 26/09/2022 13:06

No número catro da rúa Os Duráns en Vilagarcía, que está a pouco máis de 500 metros da Policía Local, está o punto de venda de droga que denuncian os veciños.

Puxeron en coñecemento do Concello esta situación cun escrito con cen sinaturas e tamén o entregaron na Policía Nacional. Xunto coas sinatura, un escrito con catro puntos fundamentais. Piden que fagan inspeccións á vivenda para ver que tipo de actividades se fan alí e cantas persoas habitan no interior.

Tamén solicitan que as patrullas vixíen máis o barrio, para controlar e disuadir a venda de droga a pequena escala que segundo eles se dá no barrio. Entre as medidas propostas, tamén está o precinto da vivenda, xa que, segundo eles, é un feito facilmente comprobable que se venden substancias estupefacientes no interior.

Ademais propoñen que se inspeccionen as vivendas lindeiras que tamén están nunha situación de falta de atención, xa que cren que os últimos movementos que viron nas inmediacións ían dirixidos a ocupar ilegalmente estes inmobles.

Afirman que aquí non só acoden persoas adultas, senón que tamén hai menores, e temen que este foco espalle a venda de droga polo barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade