Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Lorbé recollen sinaturas para que retiren as balizas que impiden aparcar

Veciños de Lorbé recollen sinaturas para que retiren as balizas que impiden aparcar

Os donos dos negocios din que, de momento, non lles afectou economicamente, pero cren que se verán prexudicados e medio prazo

As balizas da rúa Golfiño de Lorbé levan instaladas menos dun mes
G24.gal 20/06/2022 14:01

A colocación de balizas na rúa Golfiño de Lorbé está a afectar aos comerciantes da zona. Evitan que se aparque diante dos negocios. Os donos reciben as dos seus clientes.

"Non nos pareceu ben que puxeran iso porque, xa demos o terreo para facer as beirarrúas e agora a zona de aparcadoiro. Non é normal aquí somos tres negocios que vivimos dos coches que pasan e se non teñen aparcadoiro non paran" afirma dona do supermercado.

"Aos dous tres meses das obras comezou unha guerra entre administracións e  non se chegaron a gozar, primeiro pintando o chan que sinalizaba que non se podía aparcar e despois veu a Xunta e puxo as balizas e impediu o aparcamento", asegura o dono da farmacia.

Din que todo comezou cando pediron un paso de peóns onde están as paradas dos autobuses. Pero en vez de poñelo onde están as marquesiñas puxérono a uns douscentos metros. Están a recoller sinaturas para pedir que se eliminen as balizas. En dúas semanas teñen arredor do milleiro

"Non sabemos que facer, tanta baliza que non sabemos para que porque aí non lle estorba a ninguén, era un servizo que tiñas os negocios e os veciños".

"Eu daba a volta aí que eu veño de Sada porque me gusta vir a esta farmacia e agora teño que ir a estrada de Vexo a dar a volta".  

"Parece ser que a Xunta lle obriga ao Concello pola normativa que hai a deixar un espazo antes do paso de peóns e así está a cousa".

De momento, os negocios non se resentiron, pero afirman que isto só acaba de empezar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade