Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Bamio están fartos de ter a auga ás portas da casa

Os veciños de Bamio están fartos de ter a auga ás portas da casa

Os efectivos de Protección Civil abren un rego provisional cando chove, que os donos das leiras volven tapar

A tubaxe non da saída as augas da choiva e reborda pola estrada

A rúa Campanario recolle toda a auga do monte da contorna e non ten tubaxes para canalizala.
G24.gal 30/11/2022 13:26

Nos últimos días choveu, e non moito. Aínda así a estrada volve asolagarse, debido á insuficiente canalización da auga da choiva que hai na zona, xa que a tubaxe morre nunha leira e, ao non atopar saída a auga, vai cara á estrada. 

Os veciños de Bamio, en Vilagarcía de Arousa, están fartos de sufrir inundacións cada vez que chove un pouco seguido. A rúa Campanario centra boa parte das queixas. Por alí pasan ademais moitos peregrinos que marchan a Santiago,

É unha estrada pola que ás veces resulta practicamente imposible transitar, e mesmo se fai complicado acceder ás vivendas. Dificultades que atravesan os veciños e veciñas dende hai dez anos, nos que envían peticións ao concello para que arranxe a situación.

Agora din que un veciño permite pasar unha tubaxe pola súa leira, pero que non a solución estea próxima, malia a inspección da zona dun concelleiro e dous técnicos municipais.

Mentres a auga busca o seu camiño por onde pode, e cando non, os efectivos de Protección Civil abren un rego provisional na que os donos das leiras volven tapar. 

"Vén unha tubaxe e acaba aquí e bota a auga toda para arriba. Moita cantidade de auga porque se xunta coa que vén pola estrada abaixo. Non hai tubaxe".

"Está ben que os veciños no queiran a tubaxe polas leiras, pero aquí nestas casas estano pasando moi mal. Nunha hai unha veciña que está enferma e no pode saír. Os veciños de en fronte o mesmo. O coche é o de menos, o importante é que non se pode pasar".

"Eu mandei ao Concello polo menos dez correos con fotos, queixas puxen outras cinco e nada. Hai dous meses viñeron por aquí os técnicos e un concelleiro, sempre boas palabras de que o están estudando, pero que ten moi mala solución, e xa se ve".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade