Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde parte dun edificio abandonado en Vilagarcía de Arousa sen causar feridos

Arde parte dun edificio abandonado en Vilagarcía de Arousa sen causar feridos

No Balneario da Compostela, de titularidade municipal, dormen persoas sen fogar

G24.gal 09/08/2023 13:30 Última actualización 09/08/2023 14:22

Un edificio abandonado en Vilagarcía de Arousa sufriu este mércores un incendio que requiriu a intervención dos servizos de emerxencia sen que se rexistrasen feridos.

Segundo informa o 112 Galicia, os equipos de extinción tiveron que intervir ao mediodía por mor do lume que se declarou no interior do inmoble.

Varios particulares alertaron da presenza dun intenso fume que saía polas xanelas dunha edificación nas proximidades da praia de Compostela, unha zona moi transitada en que hai un paseo.

Os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés, dos membros de Protección Civil de Vilagarcía e dos axentes da Policía Nacional e Local.

Os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias informaron ao 112 de que foron dous os puntos de lume no interior do inmoble e que se consumiron colchóns, mobles e algo de roupa que se almacenaban no seu interior.

Os servizos de emerxencia extinguiron as chamas e procederon a ventilar o inmoble.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade