Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os usuarios da N-120 esixen unha reforma integral da estrada que une o sur de Lugo con Ourense

Os usuarios da N-120 esixen unha reforma integral da estrada que une o sur de Lugo con Ourense

Din que a mellora de quince quilómetros anunciada polo Ministerio de Transportes é insuficiente

G24.gal 19/01/2023 14:42

Este é o estado que presenta o N-120 en moitos treitos do seu trazado.

"Estiveron asfaltando, pero segue habendo fochancas"

Veciños e usuarios levan tempo denunciando o mal estado dunha estrada nacional moi transitada. E en días de meteoroloxía adversa, os riscos aumentan.

" Con mal tempo é perigoso. Se hai néboa, podes levar un susto"

As deficiencias do asfalto con grandes problemas de filtracións provoca fochancas no firme. De feito, no que vai de ano xa se produciron varios sinistros. Un deles, un accidente múltiple en que se viron implicados quince vehículos.

"Bastante complicado polos depresndementos e polo mal estado da estrada. Necesita unha mellora".

O Ministerio de Transportes acaba de aprobar o proxecto de mellora dun treito de quince quilómetros desta estrada que atravesa os concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín. Construiranse carrís adicionais e melloraranse dous cruzamentos. Pero quedan fóra os concellos do sur de Lugo e a comarca de Valdeorras.

"Arranxan agora unha fochanca, logo amañan outra.  Así volvemos sempre á mesma"

"Unha renovación do firme completamente e noiros que tamén se deprenden"

Os usuarios da vía reclaman unha reforma integral da N-120 que canaliza o tráfico pesado do sector louseiro. Hai ademais iniciativas parlamentarias en marcha do Partido Popular no Parlamento de Galicia e do BNG no Congreso dos Deputados para esixir un proxecto completo de forma urxente.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade