Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ultramarinos seguen cumprindo a súa función tras o paso do tempo

Os ultramarinos seguen cumprindo a súa función tras o paso do tempo

G24.gal 27/09/2025 13:30

Naceron no século XIX co fin de comercializar os produtos das colonias de ultramar, por iso  prosperaron en lugares onde existía unha alta taxa de emigración. Tendas humildes que cumpren un gran labor social. Pero nesa loita por sobrevivir tiveron que adaptarse aos novos tempos. Algúns ampliaron o oficio e serven cafés e incluso algo de comer e beber.

Precisamente, estas tendas de tradición familiar, teñen na remuda xeracional o seu maior inimigo. Sobre todo no rural, onde moitos tiveron que pechar. Os ultramarinos estaban case sempre nas esquinas para poder facerse cos clientes de diferentes rúas. Por exemplo, un situado no barrio do Couto, en pleno centro de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade