Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía italiana desmantela a fábrica ilegal máis grande de tabaco de Europa

A policía italiana desmantela a fábrica ilegal máis grande de tabaco de Europa

Producía ata 1.700 millóns de cigarros anuais

Na fábrica, que estaba baixo terra, traballaban e vivían 18 persoas

G24.gal 27/09/2025 20:03

A policía italiana desmantelou unha fábrica clandestina de tabaco, con capacidade para producir 2.700 millóns de cigarros ao ano. A operación, a maior deste tipo realizada en Europa, rematou cunha persoa detida e varias denuncias por contrabando.

Os responsables pode que evadiran fiscalmente uns novecentos millóns de euros ao ano. A fábrica de tabaco estaba baixo terra, nun local de 1.600 metros cadrados situado baixo dun local de oficinas da localidade de Cassino, no centro de Italia.

A operación permitiu comisar máis de 150 toneladas de cigarros presuntamente pertencentes a marcas norteamericanas famosas. Na fábrica traballaban e vivían 18 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade