Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os turistas piden que se poidan reservar entradas por Internet para visitar a Torre de Hércules

Os turistas piden que se poidan reservar entradas por Internet para visitar a Torre de Hércules

Coa venta en físico temen quedar sen entrada ou que os horarios non se axusten á súa estadía na cidade

G24.gal 11/08/2022 17:12

Agosto é o mes por excelencia de vacacións e visitas turísticas. Ás veces resulta difícil facer coincidir as horas de visita aos monumentos coa estadía nesa cidade.

Na Coruña, a Torre de Hércules está a ser un quebracabezas para a maioría dos visitantes xa que non poden reservar entrada nin collela a través de Internet. 

Cada media hora son as visitas ao faro máis antigo do mundo en funcionamento. Para a maioría dos turistas é arriscado chegar ao punto de venda de entradas e atoparse que non hai ou que non se axustan aos horarios que están na cidade.

Consideran necesario que se habilite un servizo de venda en liña. Cada media hora hai unha visita cunha capacidade para 32 persoas. Hai días en que afluencia de turistas fai que quede escaso e nalgunha ocasión quedan ás portas do faro coruñés sen entradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade