Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os troteiros de Bande fan soar as súas chocas polas parroquias

Os troteiros de Bande fan soar as súas chocas polas parroquias

Son as máscaras típicas do Entroido neste concello, que se estrean por unha trintena de aldeas

Na provincia de Ourense xa levan varias semanas gozando do Carnaval en moitas localidades

A veciñanza ábrelles as súas casas e reciben os troteiros con doces e licores
G24.gal 07/02/2026 14:37 Última actualización 08/02/2026 11:51

Os troteiros de Bande, máscara típica do Entroido neste concello, estréanse polas rúas de trinta aldeas. A veciñanza recíbeos con orellas acabadas de facer, outros doces tradicionais e todo tipo de bebidas.

Tampouco faltan os bailes e as falcatruadas. Nin hai medo á chuvia ou o frío. Na casa de Francisco, na aldea de Seoane, a presenza dos troteiros é aínda máis especial tras a perda da súa muller. 

Sen deixar a troula, pasan o sábado facendo soar as súas chocas. Anuncian a chegada dunha das festas máis populares na provincia de Ourense. Nalgunhas localidades, xa comezaron a celebración hai semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade