Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os trastornos do sono disparan a venda de somníferos

Os trastornos do sono disparan a venda de somníferos

O 30 % da poboación ten problemas para descansar, o que se transforma en insomnio crónico no 10 % dos casos

Desde a pandemia non deixaron de medrar as vendas de psicofármacos e produtos naturais para conciliar o sono

G24.gal 03/11/2022 14:53 Última actualización 03/11/2022 15:11

Cada día durmimos menos horas e con peor calidade do sono. O 30 % da poboación ten problemas para descansar, o que se transforma en insomnio crónico no 10 % dos casos.

Se nalgún sitio se nota que o problema vai a máis é nas farmacias. A venda de somníferos repuntou a raíz da pandemia e segue sen baixar, tanto no caso dos remedios naturais coma no dos psicofármacos. 

"Medraron as vendas e as consultas e as preguntas na farmacia, xente que di que dorme fatal e pide consello", explica María José García Gómez, a titular da farmacia O Castiñeiriño, en Santiago.

Malia que estes fármacos poden axudar, o consello é seguir as pautas e os tempos prescritos para evitar abusos. "O médico ten que facer un seguimento da evolución do sistema nervioso do paciente e valorar ata que punto precisa continuar co tratamento", engade a farmacéutica.

Se o problema persiste, o mellor será consultalo cos especialistas, porque a falta de sono pode ser causa ou síntoma doutras doenzas. "Ata o 80% dos pacientes poderían estar sen diagnosticar. É un problema importante que afecta a calidade de vida dos doentes e tamén a moitas enfermidades crónicas", advirte Carmen Montero, a xefa de Pneumoloxía do CHUAC.

Evitar pantallas ou actividades estresantes antes de durmir ou ter horarios regulares son outros dos mandamentos para conciliar sono de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar