Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sono, outro afectado polo inverno galego

O sono, outro afectado polo inverno galego

A apnea do sono e os ronquidos agrávanse no inverno polo frío e a humidade

G24.gal 21/11/2025 14:14

Chove, vai frío e a humidade cala nos ósos, pero o que moitos non saben é que este clima tan propio do país, ademais de roubar o sol, tamén pode afectar ao sono.

A apnea do sono e os ronquidos non son só cousa de durmir mal. Son sinais de alerta dun problema que afecta a un de cada catro adultos e que se agrava cando baixan as temperaturas

Segundo o doutor Xosé Ferreras, especialista en cirurxía oral e maxilofacial, "cando hai frío hai maior conxestión nasal, hai broncoespamo, cunha dificultade para respirar. Se isto se asocia á humidade, isto vai favorecer máis o ronquido e as enfermidades respiratorias".

Por iso para os especialistas, coidar o lugar de descanso é tan importante "a temperatura ideal está entre os 19 e 21 graos, e despois o grao de humidade, cando é moi elevada, o ideal é ter un deshumidificador".

Porque durmir ben non é un luxo, é unha necesidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade