O 48% da poboación adulta ten problemas de sono
Incide sobre todo a vida acelerada que levamos, pero durmir mal ten consecuencias para a nosa saúde mental e física
Este é un dos temas que se está a analizar en Lugo na reunión anual da Sociedade Galega de Neuroloxía
Cómo durmimos? Os ultimos estudos din que pouco e mal. O 48 % da poboación ten problemas de sono.
"O uso de pantallas antes de durmir hoxe é unha das principais causas do trastorno do sono" asegura José Ramón Lorenzo Presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía.
O sono perdido non se recupera e falta de descanso pode traer consigo enfermidades cardiovasculares mentais e neurolóxicas. O organismo necesita entre 7 e 8 horas de descanso para restaurarse.
"Ter unha rutina do sono, non tomar estimulantes antes de deitarnos, afastar a cea da hora de irse a cama. Se non durmimos o cerebro está permanentemente activo e estaremos mal", explica Robustiano Pego, xefe do servizo de Neuroloxía do Hula
Cómo respiramos, os ronquidos, a sonmnolencia diurna son avisos de que algo vai mal. Un dos trastornos máis descoñecidos é a narcolepsia.
"O síntoma máis frecuente é o de quedarse durmido, pero un síntoma tamén pode ser toquear uns segundos", di José Ramón Lorenzo.
Mudar os nosos hábitos axuda.
"Apagar as pantallas";di un home, outro engade: "tamén non facer deporte nas dúas horas previas a deitarse"
O trastorno do sono debateuse na reunión anual da Sociedade Galega de Neuroloxía xunto cos tratamentos personalizados na esclerose múltiple, os avances no manexo do parkinson.