Publicador de contidos

Publicador de contidos

Non só a Morrisey lle amola non poder durmir

Non só a Morrisey lle amola non poder durmir

A tortura de non poder durmir

Hai máis de 170 enfermidades relacionadas coa falta de descanso nocturno

Os ruídos nocturnos provocan sono de mala calidade, un factor de risco para a saúde
G24.gal 16/03/2026 14:17

 "Cando un quere durmir e non pode, é o peor que hai no mundo", apunta un rapaz.

O descanso nocturno debería ser sagrado, e non só para o cantante Morrissey. Baixar decibeles durante a noite é unha obriga que non sempre se cumpre.

"Vaia, cando hai festas, ademais póñenme xusto a música en fronte da casa e non hai dereito tampouco".

"A veciña pasa o aspirador ás 12 da noite".

"Eu ás miñas veciñas quéroas moito, pero a verdade é que están todo o día raca raca".

"E se pasa o coche de recoller o lixo tamén se escoita".

"E logo o que si que aquí unha discoteca e o que o murmurio non me molesta pero cando se poñen a berrar un grupiño ".

"Se é todos os días é moi molesto chegará o momento que eu que sei se non podes descansar?", comentan varias persoas pola rúa.

Se non podes descansar, o corpo é quen as paga.

 "Cando esperto é moi difícil que poida volver a conciliar o sono".

"Iso desquicia e mándate ao psicólogo ou ao psiquiatra".

"Si que afectaba, mesmo de poñerte máis nerviosa, a cabeza parece que se aceleraba e entrábache como un pico de ansiedade, a ver se calan, a ver se calan".

Durmir mal provoca un maior risco de depresión e ansiedade e está detrás de máis de 170 enfermidades sobre todo cardiovasculares, metabólicas e neurolóxicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade