Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os españois dormen unha media de seis horas e media, por debaixo do recomendable

Os españois dormen unha media de seis horas e media, por debaixo do recomendable

Os expertos recomendan durmir unhas 8 horas para favorecer a rexeneración do organismo, tanto a nivel físico como mental

Durmir pouco e mal fainos máis torpes e menos produtivos, amais de favorecer as enfermidades neurodexenerativas

G24.gal 31/07/2025 14:54

A calor é un dos factores que dificulta o descanso no verán, pero o certo é que por norma xeral tampouco o resto do ano durmimos todo o que precisamos. De media en España botamos unhas seis horas e media durmindo, bastante lonxe do que recomendan os expertos. Ese déficit de sono ten un custo na nosa saúde tanto física como mental. 

Botamos un terzo da nosa existencia durmindo. Restarlle horas a esa ecuación non só non é recomendable, senón que a longo prazo resta vida.

As nosas neuronas teñen uns produtos de refugallo, que durante o sono profundo o sistema linfático vai limpando. Se non durmimos suficiente, quedan aí e predispóñennos para padecer enfermidades neurodexenerativas, explica o divulgador sanitario, Héctor Castiñeira.

Cando durmimos actívase o sistema parasimpático, que se encarga dos procesos de reparación interna do noso organismo. Esa fase de relaxación é a que permite tamén a neuroxénese e a autofaxia, claves para un cerebro san. Para chegar a ese sono profundo importa cando durmimos, pero tamén onde e como.

A nosa columna é totalmene irregular, non é plana nin recta. Por iso non podemos durmir ben nunha superficie plana e dura. Temos que facelo nun produto con certa firmeza, pero que sexa moi amoldable, sinala Paco Durán, experto en descanso.

Non durmir ben fainos menos produtivos, menos intelixentes e máis torpes. Tamén menos creativos, xa que está comprobado que descansar e durmir ben favorecen as novas ideas e as máis orixinais. Así que, xa o saben, aproveiten se están de vacacións e déanse un luxo ao alcance de todos: durmir máis e mellor.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade